LETRAS GALEGAS 2012
8 de Maio de 2012CONCURSO: A COR DA POESÍA
23 de Marzo de 2012Un ano máis ANDARELA convoca aos escolares dos colexios de SANXENXO a participar.
A COR DA POESÍA é a expresión da arte, unha mistura entre pintura e literatura, literatura en forma de poesía
Os participantes pintarán un lenzo inspirandose nunha das seguintes poesías.
| POESÍA CAT. INFANTIL
IRMAUS Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero Celso Emilio Ferreiro. |
POESÍA CAT.PRIMARIA 1º a 3ª
ADIÓS RIOS, ADIÓS FONTES Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos Rosalía de Castro. |
POESÍA CAT.PRIMARIA 4º a 6º
AMOR, COMPAIXÓN, PAZ… Amor para que o home non sinta a soidade do ser e non caia sin espranza no camiño. compaixón para que baixe hastra as maus o resprandor do ceo e deprenda a chorar coma un neno. Paz para que se arranxen as discordias e cada ún sexa fonte pura e ceibe na noite da vida. Integridade para que o noso esprito medre na loita e poda voltar ao alén madurecido polo coraxe dos riscos Luz Pozo Garza. |
Os premios entregaranse no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que ANDARELA organiza en SANXENXO o domingo 20 de maio na PRAZA DE PASCUAL VEIGA.
Se precisas máis información, non dubides en nos contactar no mail andelaasociacion@gmail.com ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR
Bon Nadal e feliz Ano Novo 2012
25 de Decembro de 2011ROTEIRO NANTES: FOTOS
30 de Xuño de 2011O pasado domingo 26 de xuño, recibeunos unha mañá calurosa para recorrer a parroquia interior do Concello de Sanxenxo, Nantes. E, efectivamente, NANTES é moito máis ca un polígono.
No álbum das fotos pódense ver o mapa indicativo do roteiro e o folleto explicativo.
Agradecemos a vosa participación e a colaboración da Sra Elminda, do Sr Basilio, do Sr Raúl, da Sra Regina e das socias que se animaron a guiar o roteiro e a plasmalo en imaxes: Estre, Reme, Carmela, Diana, Tania e Ángel.
Agardámosvos en xullo con máis actividades: visita á ILLA DE ONS.

