Alguns pasos das clases de baile

29 Marzo 2010

O baile da muiñeira tan vello e tan novo, tan popular e tan  descoñecido a hora de ser executado para a gran maioria dos galegos, é un baile de alegres e rápidos movementos, sen embargo en moitas partes de Galicia moita xente de idade avanzada nunca deixou de bailalo, adaptando o salto as súas posibilidades,  sen ser por eso  menos bonito, esto é  sobre todo admirable.Demostrando que nunca e tarde para poder bailar este tipo de musica, xotas, maneos,ribeiráns,pandeiradas, todos temos a posibilidade de facelo, axudando así a súa divulgación.

Ao son dos gaiteiros do IGAEM , no seu albume ALBA DE ABRIL, unha alumna do grupo de baile da ANDARELA ASOCIACIÓN CULTURAL, na casa da cultura de Nantes, comeza a bailar en tres tempos o estribillo…
http://www.youtube.com/watch?v=tHhuS-x6GM0

Ao son da música de Chegaches Lola de Noitarega, bailamos un dos pasos da muiñeira: o picado. ANDARELA ASOCIACIÓN CULTURAL
http://www.youtube.com/watch?v=tNDwblet7yI

Pouco a pouco vaise formando o baile…
adiante atras, 1 punteado por diante e 2 punteados por detras
http://www.youtube.com/watch?v=umdqiNLZAzw

Ainda falta moito ….non temos presa.
Adiante atras,2 punteados por diante e 1 punteado por detras
http://www.youtube.com/watch?v=9owEVuVNvMA

Un pouco mellor.
4 punteados por diante e 4 punteados por detras.
http://www.youtube.com/watch?v=JWmDtD-X2Vk

Publicado na categoría 4 Grupo de baile, Sen clasificar | | Enriba

Comentarios pechados.