PEDRA DE SAN XINÉS. MENHIR OU PEDRAFITA

24 Abril 2010

Pedrafita, do latín Petra Ficta – Pedra fincada
Menhir
, verba que provén do bretón “men”, pedra -“hir” longa- Pedra longa.

Os menhires ou pedrafitas son construcións prehistóricas, unha das primeiras da humanidade. Un menhir consiste nunha pedra longa, colocada de xeito vertical, ocasionalmente antropomorfa, a súa principal función era renderlle culto o sol, e tamén era sinal de que alí se atopaba algún enterramento, moitas delas atópanse perto de túmulos.

Pedra de San Xinés, do Santo ou pedrafita de Padriñán. (Padriñán- Sanxenxo)

Mide ao redor dun metro de altura e ten gravados de cazoliñas e unha ferradura; tamén dúas cruces esculpidas, posiblemente, en época histórica coa finalidade de cristianizala (información atopada no Blog, O NOSO PATRIMONIO).

Esta pedra é o linde entre Padriñán e a vila de Sanxenxo. Atópase o carón da estrada de Padriñán, nun pequeno xardín. Non fai moito tempo que andiveron con ela, cando se fixeron obras na vía, agora está mais enterrada pero respectáronlle o sitio onde sempre estivo colocada.

PEDRAFITAS OU MENHIRES EN GALIZA

Non son moitas os que quedan pola nosa xeografía pois o cristianismo, considerándoos centros de prácticas obscenas e ameazando con excomunións, mandou tiralos e destruílos, mais en algúns casos optou por cristianizalos.
Moitos deles foron substituídos por cruceiros, outros por descoñecemento confundíanse con marcos , e acabaron desaparecendo.

A súa altura é variable, dende 1 metro ata 20 que mide o mais grande (Locmariaque, Bretaña-Francia). Unha peculiaridade dos atopados en Galiza e que son de pouco tamaño.

A pedra pode ser tosca ou máis traballada e cilíndrica, estreitándose na punta, e solen ter 4 características principais:
Monumentalidade, visibilidades, ser de pedra e aspecto fálico (símbolo de existencia, forza e duración) xuntos forman o significado máxico-relixioso da época.

Ás veces atópanselles detalles fálicos, coviñas de diferentes tamaños, petroglifos…

Ata non hai moito só se consideraban pertencentes ao megalítico a pedrafita:
• Lapa de Gargantnás (Moraña-Pontevedra): a máis coñecida de Galiza, 1,90 m.
• Pedra Chantada ( Vilalba-Lugo ): 2,15 m.
• Pedra Alta (Lagoa de Antela –Ourense).

O resto de menhires eran considerados como pedras de termo ou marcos xeográficos, polo único feito de carecer de gravados. Mais agora estase a atopar un gran número deles, grazas a que hai maior información e sensibilidade sobre este tipo de monumentos.

Máis información sobre pedrafitas, castros e mámoas de Galiza no blog O NOSO PATRIMONIO .

Publicado na categoría 2 Curiosidades, 5.1 Arquitectura | | Enriba

2 respostas a “PEDRA DE SAN XINÉS. MENHIR OU PEDRAFITA”

  1. ESTRE di:

    pouco a pouco vamos atopando esas cousas que lle van dando unha fermosa historia o noso pobo, ese patrimonio esquezido. Animo veciños

  2. Xosé Alberte Alonso fernández di:

    Amigos de Andarela, supoño que sabedes da cantidade de Mámoas que hai no chan da Gorita e no Chan de Lores, a festa do Con coido que é prehistórica, quizais un rito Neolítico??, no chan de Lores está a Pedra cabalaria, pedra movente con antecedentes druídicos dos Celtas, e a Pedrafita de Padriñán coido que está relacionada cos cultos á fertilidade, é fálica.
    adiante coa investigación. Alberte. Apertas.