ROTEIRO COLEXIO: CHAN DA GORITA

2 Xuño 2010

En ANDARELA propuxémoslle ao ceip de Nantes unha saída cos alumnos, entretida e ao mesmo tempo, cultural, un roteiro percorrendo o CHAN DA GORITA para coñecer as mámoas, a lenda do con da Ventureira, a pedra cabalaria e o Castro de Nantes.

Pareceulles unha boa idea. Así que nós marcamos o percorrido para que os rapaces se foran orientando xa por elas a modo de xogo de orientación e  Sofía, a profesora encargada, preparoulles uns xogos, deixando letras escondidas en algúns dos sitios onde se iba parar, con elas tiñan que facer un crucigrama, atopando os nomes de todo o que coñecerían nese día.

Esta é a avaliación do roteiro feita por Sofía Díaz,profesora do CEIP Nantes.

“O Roteiro Chan da Gorita foi unha experiencia moi fermosa para o alumnado do colexio de Nantes, todos alumn@s estaban desexando que chegase ese día, posto que para eles era unha actividade nova e diferente.
Sorprendéronse gratamente cando viron unha serie de cousas que tiñan “ó lado da casa” e que nin sequera coñecían. Os alumnos xunto con algún mestre emprendemos o roteiro as 10:30 da mañá ata as 17:00h. Ó longo do camiño vimos: o Con da Ventureira, Mámoas, Pedra cabalaria…sen dúbida o que máis lles gustou e chamou a atención foi a pedra cabalaria á que todos quixeron subir e comprobar dende arriba como un alumno ou eles mesmos eran capaces de avalala.

      

Máis fotos do roteiro
Os nenos e nenas camiñaban observando unha excelente paisaxe, e tomando mostras das diferentes clases de árbores para a realización dunha unidade didáctica que se lles entregou, xa que con este roteiro pretendíase incrementar o coñecemento do entorno natural, histórico e cultural de zona, todo elo de forma,lúdica.

As miñas impresións foron moi boas, ós nenos gustoulles o roteiro, pasárono moi ben tanto camiñando como xogando á hora de comer, e adquiriron novas aprendizaxes, para min foi unha experiencia moi positiva e que aconsello ao resto da comunidade escolar.”  

SOFÍA DIAZ                                Prof. 1ª     CEIP   NANTES

Para que o público en xeral poida coñecer os segredos que esconde o monte de Sanxenxo, xa descubertos por estes alumnos, o vindeiro domingo 13 de xuño realizaremos un ROTEIRO AO CHAN DA GORITA

Publicado na categoría 1 Actividades, 5.0 Patrimonio natural | | Enriba

Comentarios pechados.