CONCURSO “ESCULPINDO GALIZA”: PREMIADOS

23 Maio 2011

A partires do 29 de abril, ANDARELA recolleu as esculturas que @s alumn@s dos colexios de Sanxenxo presentaran ao concurso escolar que tódolos anos convoca a asociación, “ESCULPINDO GALIZA”. Convocatoria do concurso

A participación no concurso foi alta, os colexios con maior participación foron o Telleiro de Noalla, Portonovo e Nantes. A calidade dos traballos presentados é excelente. Ver as fotos dos traballos

 


 

O 10 de maio, o tribunal do concurso composto por Enrique Táboas, Cesteiro; Rosabel, socia de Andarela; Marta de Vilalonga, profesora de secundaria; Inma M., profesora de primaria e Patri L. González, nai dunha nena de 7 anos; elixiu aos gañadores:

Na categoría de infantil:

– Aula de infantil de 3, 4 e 5 anos. Colexio O Telleiro

– Miguel Vázquez de 4 anos. Colexio o Telleiro.

– Laura Cacabelos de 4 anos. Colexio de Nantes

Na categoría de 1º a 4º curso:

– Gonzalo Moldes Moldes de 4º. Colexio O Telleiro

– Alba Pérez de 2º curso. Colexio O Telleiro

– Lucas Cacabelos Varela de 1º curso. Colexio de Nantes. 

Na categoría de 5º a 6º curso:

– Jesús Fernández Méndez de 6º. Colexio de Nantes

– Rocío Matilla Núñez de 6º. Colexio de Portonovo

– Brais e Alba Chan de 5º e 3º. Colexio de Nantes

Agradecemosvos a colaboración das librerías NÓS, DACOSTA e CÓREL para poder ofrecerlles un chisco de literatura galega. Tódolos participantes recibiron no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS o pasado 15 de maio un diploma de participación máis un libro e os premiados recibiron un lote de libros. Graciñas á motivación e á entrega de profesores e familias para involucrar aos nenos na escultura.

Os traballos foron expostos na praza de Pascual Veiga durante o festival das LETRAS GALEGAS e na sala nauta ata o pasado 21 de maio. Agora están expostos no colexio de Nantes e despois a exposición chegará ao colexio de Noalla.

Publicado na categoría 1 Actividades, 1.1 Fotos | | Enriba

Comentarios pechados.