FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: FOTOS

24 Maio 2011

O domingo 15 de maio ANDARELA festexou en Sanxenxo as LETRAS GALEGAS co festival anual de poesía, música, baile e coa entrega dos premios do concurso escolar “ESCULPINDO GALIZA”.

Ver as fotos do FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

ANDARELA quere aproveitar para agradecer o grande esforzo que fixeron as librerías Dacosta, Córel e Nós, o Gadis, Caixanova, o Froiz, o Motoclub, o persoal de cultura do Concello, o Froiz, Bicisport, Bréteva, D’ barro, Abiñadoira, Lembranzas, aos pais e nenos de 6 anos do colexio de Nantes e aos socios de Andarela que nos tempos difíciles que corren non dubidaron en colaborar con nós no festival das LETRAS GALEGAS para que todos puidéramos desfrutar da literatura, da escultura, da poesía, da música e do baile en galego.

GRACIÑAS A TODOS VOS POR PARTICIPAR!

Publicado na categoría 1 Actividades, 1.1 Fotos | | Enriba

Comentarios pechados.