A danza das Cacharelas

28 Xuño 2011

Conta unha antiga lenda, que un gran incendio deixou o pobo destruído a modo de castigo.

No mes de San Xoán as mozas poñían nas súas portas ramas de codeso con poderes para escorrentar o parecer maleficios e meigallos, e cando o galo anunciaba co seu cantar o mencer do novo día, os homes do lugar apañaban leña no monte para facer as lumieiras propias desta noite de San Xoán.

Logo, cando no ceo asomaban os cornos da lúa, organizaban a festa do lume onde ían todos.As mulleres,levaban prendida na roupa unha rama de codeso para ter sorte ese dia e comunicar esa sorte a quen bailara con elas o redor da fogueira, e así, bailando sen desmaiar ían apagando o lume cos pes,tendo moito coidado de non se queimar, a danza por fin acababa o conseguiren deixar totalmente apagada a lumieira, sen que nin chamas nin tizóns os alcanzasen,Pero o mais abraiante inda que sexa unha terra de meigas…..por que habelas hailas e que so quedaron en pe, as mulleres que polo poder do codeso lograron triunfar sobre o lume.

Os homes agradecidos e moi admirados ante tanto poder, foron caendo axenlloados ante as súas donas.

Publicado na categoría 2 Curiosidades | | Enriba

Comentarios pechados.