CONCURSO: A COR DA POESÍA

23 Marzo 2012

Un ano máis ANDARELA convoca aos escolares dos colexios de SANXENXO a participar.

A COR DA POESÍA  é a expresión da arte, unha mistura entre pintura e literatura, literatura en forma de poesía

BASES DO CONCURSO

Os participantes pintarán un lenzo inspirandose nunha das seguintes poesías.

 POESÍA CAT. INFANTIL

IRMAUS

Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero
ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, coma un
irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales, coma un irmáu che falo. Anque as nosas
palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as
feridas, coma un irmáu che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba
de muros e valados, si os nosos soños son igoales, coma un irmáu che falo.
Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmáu
che falo.

Celso Emilio Ferreiro.

POESÍA CAT.PRIMARIA 1º a 3ª

ADIÓS RIOS, ADIÓS FONTES

Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos
meus ollos: non sei cando, non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña
do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas
trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó
meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria!
¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un
mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo,
en fin, canto ben quero ¡Quen pudera non deixar!…

Rosalía de Castro.

POESÍA CAT.PRIMARIA 4º a 6º

AMOR, COMPAIXÓN, PAZ…

Amor

para que o home non sinta

a soidade do ser

e non caia sin espranza no camiño.

compaixón

para que baixe hastra as maus

o resprandor do ceo

e deprenda a chorar coma un neno.

Paz

para que se arranxen as discordias

e cada ún sexa fonte

pura e ceibe na noite da vida.

Integridade

para que o noso esprito medre na loita

e poda voltar ao alén

madurecido polo coraxe dos riscos

Luz Pozo Garza.

 

Os premios entregaranse no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que ANDARELA organiza en SANXENXO o domingo 20 de maio na PRAZA DE PASCUAL VEIGA.

Se precisas máis información, non dubides en nos contactar no mail andelaasociacion@gmail.com ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR

Publicado na categoría 1 Actividades | | Enriba

Comentarios pechados.