ROTEIRO: NOALLA E A LANZADA

24 Marzo 2013

O vindeiro sábado 30 de marzo imos facer un roteiropor NOALLA e pola LANZADA.

Todo o mundo escoitou falar das Nove Ondas, pero quen sabe onde está e para que se usa a cama da Santa? Desfrutaremos das vistas desde as Canteiras, pararemos onde o Pazo de Quintáns, visitaremos o Castro da Lanzada, reviviremos a revolta Irmandiña na Torre da Lanzada, Ons, Lambriaca, os músicos da Cova da Lapa, os gardians da Illa do Médico…  

O punto de encontro é na CASA DAS CANTEIRAS DE NOALLA (Noalla-Sanxenxo – Pontevedra) ás 10 da mañá. 

Para ver o mapa co punto de encontro: (coordeadas 42.430394,-8.853918)

https://maps.google.es/maps?q=42.430394,-8.853918&hl=en&ll=42.432643,-8.860731&spn=0.015774,0.039911&num=1&t=m&z=15

O roteiro é guiado e apto para cativos. O percorrido é lineal (3,5 km) e ten unha duración aproximada de 3h30min. Recoméndase levar roupa de abrigo e impermeable, calzado cómodo, auga e así como deixar o xantar xa listo.

O roteiro é de balde e non fai falla inscripción! Agardámosvos

+ info:

@ andarelaasociacion@gmail.com
T.- 617.049.623

Publicado na categoría 1 Actividades | | Enriba

Comentarios pechados.