Memorias

Memoria de actividades 2010

Sendo unha asociación nova, constituída formalmente en novembro de 2009 e liderada por xente involucrada e moi motivada de diferentes ámbitos (educativo, empresarial, sanitario, xurídico, artístico…).

Nacemos para descubrir e impulsar a nosa cultura en tódolos ámbitos: patrimoniais, lingüísticos, musicais, artesanais… tratando de involucrar a diferentes sectores da poboación. A nosa andaina é moi produtiva:

ACTIVIDADES

ROTEIROS: Procuramos a ubicación  e información do patrimonio de Sanxenxo. A través dos ROTEIROS polos diferentes lugares de Sanxenxo e do seu contorno, queremos dar a coñecer a riqueza do patrimonio natural e cultural: pazos, estelas, mámoas, cruceiros, fontes, lendas, cons, pedrafitas, o verbo dos canteiros…

* Roteiro ao Chan da Gorita. Xuño

* I Visita ás escavacións da Lanzada. Agosto.

* II Visita ás escavacións da Lanzada. Setembro.

* Roteiro pola Lanzada. Novembro

– Festival das LETRAS GALEGAS, no ano 2010 adicado ao poeta do Courel Uxío Novoneyra. Organizamos un recital de poesía e todas aquelas persoas que quixeran podía ler unha poesía tanto dun poeta consagrado como Uxio Novoneyra, ou de poetas novos. Fixemos a entrega de premios e agasallos a tódolos participantes do concurso do Día internacional da familia. Música do grupo Breteva e D’ barro amenizaron as muiñeiras e pasodobres dos grupos de baile Lembranzas e Abiñadoira.

– GRUPO de baile e pandeireta: no mes de febreiro de 2010 comezamos co grupo de baile e pandeireta. A primeira actuación foi en xuño, na romaría organizada por Abiñadoira en Sanxenxo. O grupo ten a súa base de operacións na única parroquia de Sanxenxo que non contaba con este tipo de grupo.

– Colaboración con outras asociacións culturais: Breteva, D´Barro, Lembranzas, Día de Colón. Con Abiñadoira, participamos no mes de xuño no serán que organizan anualmente no adro vello de Sanxenxo. A finais do vran comezamos a colaborar coa Revista da Adina no Diario de Arousa.

– Anónimos con arte. Poñemos o noso gran de area para que os artistas que dá esta terra, aos que chamamos anónimos con arte, sexan máis coñecidos e mellor recoñecidos. Artistas en calquera ámbito: fotografía, música, literatura, artesanía, danza, teatro… Temos reservado un apartado propio no noso blog (www.andarela.blogaliza.org) coas entrevistas, as mostras dos traballos e o contacto de cada artista.

ACTIVIDADES ESCOLARES

Paralelamente a estas actividades, convidamos aos colexios a participar en actividades, animando aos rapaces a que o fagan en galego. Entre estas actividades destacamos:

Concurso escolar día internacional da familia. Os cativos amosaron a súa idea de familia, moi ampla e diversa, e adicaronllo ao irmá, aos avós, aos pais… o formato de presentación era libre: fotografía, power-point poesía, narración ou debuxo.

Charlas sobre os oficios: os maiores das parroquias do concello de Sanxenxo, invitados por Andarela, acudiron aos colexios e contáronlle aos nenos o seu xeito de vivir e os oficios nos que se empregaban: rosquilleiras, canteiros, cesteiros, o estraperlo, xogos…

Traballo de investigación: co obxectivo de facer un inventario detallado e amplo dos bens materiais e inmateriais do Concello de Sanxenxo, os escolares realizaron un traballo de investigación sobre os cruceiros de Sanxenxo.

Roteiros co fin de coñecer o noso entorno. Os escolares do colexio de Nantes realizaron os roteiros deseñados por esta asociación: MÁMOAS do Chan da Gorita, CASTRO de Nantes e os conxuntos megalíticos do Con da Ventureira e da PEDRA Cabalaria. Os escolares do colexio de Noalla visitaron as escavacións da Lanzada. Unha visita quen os trasladou no tempo e fixo que desfrutaran de excursións educativas e moi divertidas.