A danza das Cacharelas

28 de Xuño de 2011

Conta unha antiga lenda, que un gran incendio deixou o pobo destruído a modo de castigo.

No mes de San Xoán as mozas poñían nas súas portas ramas de codeso con poderes para escorrentar o parecer maleficios e meigallos, e cando o galo anunciaba co seu cantar o mencer do novo día, os homes do lugar apañaban leña no monte para facer as lumieiras propias desta noite de San Xoán.

Logo, cando no ceo asomaban os cornos da lúa, organizaban a festa do lume onde ían todos.As mulleres,levaban prendida na roupa unha rama de codeso para ter sorte ese dia e comunicar esa sorte a quen bailara con elas o redor da fogueira, e así, bailando sen desmaiar ían apagando o lume cos pes,tendo moito coidado de non se queimar, a danza por fin acababa o conseguiren deixar totalmente apagada a lumieira, sen que nin chamas nin tizóns os alcanzasen,Pero o mais abraiante inda que sexa unha terra de meigas…..por que habelas hailas e que so quedaron en pe, as mulleres que polo poder do codeso lograron triunfar sobre o lume.

Os homes agradecidos e moi admirados ante tanto poder, foron caendo axenlloados ante as súas donas.

Publicado na categoría 2 Curiosidades | Enriba | Comentarios desactivados en A danza das Cacharelas

DIARIO DE AROUSA:ANDARELA NA REVISTA ADINA

26 de Xuño de 2011

Este domingo 26 de xuño, reportaxe sobre o festival das LETRAS GALEGAS organizado por ANDARELA.

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Comentarios desactivados en DIARIO DE AROUSA:ANDARELA NA REVISTA ADINA

ROTEIRO POR NANTES: A NOITE MEIGA

15 de Xuño de 2011

O vindeiro domingo 26 de xuño ás 10 da mañá imos descubrir as paraxes de NANTES (que é moito máis ca un polígono) e repasar os rituais da noite máis meiga do ano: A NOITE DO SAN XOÁN.

 

O punto de encontro é na Casa da Cultura de NANTES (Sanxenxo). Visualizar o mapa ampliado

O roteiro é guiado polos socios da asociación Andarela e participarán persoas de Nantes, como o Sr Basilio da Ferreira, a Sra Regina de Varela e a Sra Carmen de Pedrouzos. Tamén contaremos co biólogo meco Martín Rodríguez. Ten unha duración aproximada de 3 horas e é apto para cativos. Recoméndase levar auga, gorra, roupa e  calzado cómodo e deixar o xantar feito.

O roteiro é de balde e non fai falla inscripción.

Publicado na categoría 1 Actividades | Enriba | Comentarios desactivados en ROTEIRO POR NANTES: A NOITE MEIGA

Andarela con Voz Natura

9 de Xuño de 2011

A Asociación Cultural Andarela na 15º edición do programa Voz Natura, elexida cos 287 centros educativos de todolos niveis (excepto universitario) e asociacións, po curso 2011- 2012.

.

CENTROS ADMITIDOS 2011-2012

Publicado na categoría 1 Actividades, Sen clasificar | Enriba | Comentarios desactivados en Andarela con Voz Natura

« Páxina anteriorSeguinte páxina »