Socios

Se vos interesades pola nosa cultura, a defensa da natureza e de todo o patrimonio que nos rodea, aquí tedes a oportunidade de divulgar e coñecer máis cousiñas da nosa cultura.

Dende Andarela queremos que nos axudedes a facer medrar este proxecto e dar a coñecer todo o patrimonio cultural e natural que nos rodea, riquezas que en moitas ocasións descoñecemos.

En Andarela, todo o mundo ten o seu lugar e tódalas ideas e proxectos teñen cabida aquí, só necesitamos da vosa colaboración para facelo posible!

Facerse socio de ANDARELA évos ben sinxelo: basta con contactar coa asociación a través do mail: andarelaasociacion@gmail.com

e aboar a cota anual de 10 euros, 3 euros para os máis cativos.

Agardámosvos!